Benvida

O grupo "Filoloxía Clásica" da USC está formado por investigadores das tres áreas de coñecemento características dos estudios clásicos (Filoloxía griega, Filoloxía Latina, Lingüística Indoeuropea) que aúnan a súa labor de investigación en torno aos textos grecolatinos de época antiga nas tres facetas propiamente filolóxicas: crítica textual, análisise lingüística e aspectos literarios.

O resultado desta labor de investigación vén de plasmarse en traballos xa efectuados e noutros en curso de elaboración en torno a estas tres grandes liñas de investigación:

- Edición de Textos

  • Latinos: Eneida (Virxilio), Dialogus de oratoribus (Tácito)
  • Gregos: Gorxias, Protágoras, Eutidemo, Timeo (Platón)
  • Outras linguas indoeuropeas: textos hititas

-Análisise lingüística

  • Sintaxe grega e latina en aplicación do modelo de Gramática Funcional
  • Lingüística indoeuropea: lingua hitita; estudios de onomástica prerromana no territorio da Gallaecia

- Literatura grecolatina e a súa transmisión

  • Estudios de productos literarios e dos seus posibles xéneros e modelos literarios: épica helenística (Apolonio de Rodas, Arato), épica romana (Virgilio, Estacio, Valerio Flaco), no contexto do entramado de pensamento, relixión e mitoloxía.
  • Recepción da tradición clásica, particularmente, nas literaturas española e galega